subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O centro cultural de Sigüeiro acollerá a xornada de balde “A parentalidade positiva”, dirixida a familias con fillos menores de 3 anos.


orosoO Concello de Oroso e a Mancomunidade de Ordes organizan a xornada “A parentalidade positiva” dirixida a familias con menores de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. A charla terá lugar este venres 5 de maio, de 19:00 a 21:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente no propio centro cultural ou no teléfono 981 690 903.

A charla será impartida por profesionais do Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Ordes e xirará en torno a como educar aos fillos con firmeza e cariño. A xornada está organizada polo Concello de Oroso e a Mancomunidade de Ordes, coa colaboración da Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo.