subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula CeMIT de Sigüeiro ofrece un curso de balde sobre o uso das aplicacións web gratuítas de Google


 

orosoA Aula CeMIT de Sigüeiro organiza un curso sobre o uso das aplicacións web gratuítas de Google, tanto en plataforma web como móbil. Un curso gratuíto que terá lugar os días 18, 19, 20 e 24, 25, 27, 27 de abril de 2017, en horario de 12:00 a 14:00 horas, na Aula CeMIT de Sigüeiro (Oroso). As inscricións poden realizarse na web https://cemit.xunta.gal/es/actividade/20699, nos mails cemit.oroso@xunta.es e educaoroso@concellooroso.com ou chamando ao 981 688 950.

O alumnado aprenderá a aproveitar todos os recursos gratuítos das aplicacións en liña dispoñibles na plataforma de Google (personalizar buscas, tradutor, libros, shopping, google maps...), vincular as plataformas Web e móbil ou beneficiarse da nube de Google para realizar copias de seguridade de ficheiros, documentos, contactos...