subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula Mentor de Oroso convoca os cursos Cisco CCNA5.


 

orosoA Aula Mentor de Oroso pon en marcha a convocatoria de solicitude de matrícula para os cursos Cisco CCNA5 (Febreiro 2017). A planificación do curso comeza o día 1 de febreiro, polo que disponse ata esa data para realizar a solicitude de matrícula. As actividades docentes do curso comezan o 13 de febreiro polo que os alumnos recibirán os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 6-10 de febreiro.

Recórdase que para matricularse nun módulo é requisito imprescindible ter superados os módulos anteriores. Isto implica que os alumnos que actualmente están a rematar a convocatoria actual non deben ser matriculados ata que non reciban a cualificación de APTO.

Os cursos Cisco CCNA5 teñen un planificación predeterminada de cinco meses, polo que non gozan da flexibilidade do resto da oferta formativa que ofertamos.

Os alumnos que desexen completar cada módulo deben manter activa a súa matrícula durante os sinalados cinco meses, partindo dunha matrícula inicial de dous meses e podendo recargar o resto nunha única operación ao inicio ou de xeito paulatino mes a mes para evitar a perda do invertido no caso de abandono.

Poden consultarse as planificacións publicadas na información específica de cada módulo a través do seguinte enlace:
https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/mentor.php/areasCursosWeb/mostrarCursos?idArea=90.