subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza un taller gratuito de formación sobre DRONS.


O taller terá lugar os días 18, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de xullo de 10:00 a 12:00 horas.

orosoO Concello de Oroso a través da Aula CeMIT ofrece un taller de formación para achegar coñecementos acerca da tecnoloxía dos drons durante a segunda quincena de xullo, de luns a xoves en horario de 10:00 a 12:00 horas. Un taller que orientará dun xeito sinxelo e práctico a calquera persoa con interese no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados, tanto con unha finalidade profesional como lúdica.

O curso é un paso previo perfecto antes de obter a certificación de piloto de RPA´s ou posterior para profundizar nas posibilidades de negocio e coñecer de xeito práctico as ferramentas coas que se traballa e está impartido por Meudron, S.L. (Operador de RPA's autorizado por AESA).

Ao rematar o taller formativo, os asistentes posuirán unha visión mellorada e global de todo o sector relacionado có mundo dos drons e que lle axudará á comprensión do seu funcionamento, desde o punto de vista legal vixente, ata cómo funciona un RPA desde unha visión real e práctica.

Os asistentes ao curso recibirán toda a información necesaria para coñecer o sector e desde ó primeiro día levaránse a cabo clases prácticas de pilotaxe con sistemas de simulación de diferentes aeronaves para a realización de maniobras básicas.

Destinatarios:

Público en xeral que queira coñecer mais acerca dos Drons e persoas interesadas en orientar a carreira profesional nesa dirección.

Para a realización do curso non é necesario posuír coñecementos previos de aeronáutica.

Contidos:

1. Benvida e Introdución do curso

2. Contidos propios para a obtención da certificación de Piloto de RPA´s
· Qué é un dron
· Historia e Evolución dos drons
· Marco Lexislativo
· Meteoroloxía
· Procedementos Operacionais Básicos
· Performance

3. Coñecemento dos RPAs
· Tipos e características
· Software necesario

4. O mundo do dron hoxe: Oportunidades de Negocio

5. Bloque Práctico:
o Prácticas con Simulador
o Prácticas con equipos reais

Para matrícularte poderás realizalo a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/17729
Ou solicitar información no mail: cemit.oroso@xunta.gal, educaoroso@concellooroso.com, ou no teléfono 981688950