subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Comezo das obras de renovación da rede de saneamento e abastecemento entre os núcleos de Sar e Cabanas, na parroquia de Os Ánxeles


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso informa do comezo das obas para a renovación e ampliación da rede de saneamento e abastecemento municipal desde o núcleo de Sar ata o núcleo de Cabanas, na parroquia de Os Ánxeles, cun investimento de 30.000 euros.

“Un dos piares da nosa acción de goberno e a mellora e renovación continua dos servizos e infraestruturas públicas”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde

Estes traballos forman parte ademais da actuación conxunta no rural de Oroso durante o segundo semestre do ano, con diferentes obras que supoñen un investimento próximo aos 900.000 euros.