subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso licita as obras de ampliación do vial que une os núcleos de Piñeirón e Carollo, na parroquia de Cardama


orosoO Concello de Oroso sacou a licitación as obras que realizará na parroquia de Cardama para ampliar o vial que une os núcleos de Piñeirón e Carollo.

Esta actuación, cun orzamento de 187.502 euros, mellorará de forma considerable a comodidade e a seguridade viaria do tramo, moi utilizado polos veciños da parroquia.

“A rede de comunicación no rural é fundamental para que os veciños teñan uns bos servizos públicos, polo que as actuacións de mellora e renovación son continuas en todas as parroquias”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde

Desde o comezo do verán, o grupo de goberno impulsou obras e proxectos no rural de Oroso por valor de case un millón de euros.