subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa do comezo dos traballos de pavimentación e renovación da rúa Emilia Pardo Bazán en Porto Avieira


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso continúa co seu plan de mellora do tráfico e a seguridade viaria no municipio, unhas obras que realiza de forma continua e se intensifican no verán.

Esta semana, comezaron os traballos de pavimentación e renovación da rúa Emilia Pardo Bazán na urbanización Porto Avieira, que contará cun novo aglomerado, así como a correspondente sinalización horizontal e vertical.

“É unha actuación demandada polos veciños da zona e que servirá para mellorar o tráfico e a seguridade viaria nunha das rúas máis transitadas de Porto Avieira”, explica o alcalde de Oroso, Luis Rey.

Esta actuación únese aos traballos de rebacheo en todas as pistas das parroquias do municipio que o necesiten, que tamén comezan esta semana e serán en dúas fases, cun orzamento de 60.000 euros.

O concello desenvolve durante todo o ano un plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais, con especial atención á rede de comunicación viaria.