subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa do remate das obras de renovación do vial que comunica Oroso de Abaixo, na Gándara, co vial de acceso ao núcleo da Igrexa, en Deixebre


orosoO Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do remate dunha actuación para renovar a rede viaria nas parroquias de Deixebre e A Gándara, mellorando a seguridade de vehículos e peóns.

En concreto, os traballos serviron para a renovación do camiño que discorre desde o lugar de Oroso de Abaixo (A Gándara) ata o vial de acceso ao núcleo da Igrexa (Deixebre). As obras tiveron un orzamento de 118.420 euros.

Este camiño estaba en mal estado e a actuación consistiu nunha pavimentación con rego asfáltico para conseguir unha capa de rodadura máis estable e segura, dando resposta ás demandas veciñais.

“A mobilidade nos camiños do rural é moi elevada, por iso desde o concello acometemos de forma continua proxectos de mellora da rede viaria, facilitando as comunicacións e reducindo o risco de accidentes”, asegura o concelleiro de Obras de Oroso, Luis Rey.