subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa do comezo das obras para renovar a rede viaria en varios núcleos das parroquias de A Gándara e Deixebre


orosoO Concello de Oroso informa á veciñanza do comezo das obras para renovar a rede viaria nos lugares de Oroso de Abaixo (A Gándara) e A Igrexa (Deixebre).

Os traballos, cun orzamento de 118.420 euros, terán unha duración aproximada de tres meses e servirán para pavimentar o firme, mellorando a seguridade en vías e camiños moi transitados polos veciños de ambas parroquias.

“As obras forman parte do plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais, posto en marcha polo Concello de Oroso no casco urbano e nas parroquias, e damos desta forma resposta ás demandas veciñais”, explica Luis Rey, concelleiro de Obras.

Hai un mes, o concello anunciou o remate de diferentes actuacións de renovación de viais e camiños nos núcleos de Rial (Trasmonte); Vilacide (Oroso); Cabanas (Os Ánxeles) e O Seixo (San Román de Pasarelos).

“A mobilidade nos camiños do rural é moi elevada, por iso desde o Concello de Oroso melloramos de forma continua a rede viaria, facilitando as comunicacións e reducindo o risco de accidentes”, engade o alcalde, Manuel Mirás.