subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Urbanización e humanización da rúa Tras da Torre


orosoO Concello de Oroso acomete durante o verán as obras destinadas á humanización e urbanización da rúa Tras da Torre, moi preto da rotonda da praza da Foca, unha das vías más antigas de Sigüeiro.

Durante dous meses, o concello pavimentará por completo a rúa e instalará unha nova canalización, ademais de instalar mobiliario urbano e sinalización. O investimento nos traballos desta reforma integral será de 91.664 euros.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, estivo esta mañá na rúa para supervisar os traballos, “nun lugar especial pola súa historia e antigüidade, damos ademais resposta a unha demanda veciñal coa actuación”.

Para realizar as obras, foi necesaria unha adaptación do plan especial da zona, tal e como figura no Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM). A nova rúa Tras da Torre estará lista no mes mes de setembro.

Este proxecto únese na mesma zona á recente remodelación da glorieta da Foca, un proxecto solicitado polo Concello de Oroso ao Ministerio de Fomento para alixerar o tráfico nos accesos a Sigüeiro.