subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información sobre o servizo de recollida de enseres e voluminosos


orosoO Concello de Oroso fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza e a súa colaboración para, na medida do posible, non depositar nestes días de confinamento enseres e voluminosos na rúa, ademais de extremar as medidas hixiénicas á hora de depositar o resto dos residuos nos colectores e non tirar as cabichas nas beirarrúas.

Este sábado, primeiro de abril, o concello manterá o servizo de recollida de voluminosos como calquera outro mes, pero aínda así recomendamos non depositar enseres para preservar a saúde dos veciños e dos traballadores da empresa encargada, xa que as autoridades sanitarias advierten da importancia de limitar as saídas á rúa e os posibles contactos físicos.

O punto limpo segue aberto e os veciños e veciñas poden ir a despositar alí enseres, pero solicitamos tamén que se faga de forma puntual e ordenada.

Trátase de cumprir a recomendación de non saír da casa e superar esta situación o antes posible, recuperando a atividade ordinaria de todos os servizos.

Agradecemos a vosa colaboración! Grazas!