subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso está a traballar na elaboración dun plan de acción para o clima e a enerxía sostibles (PACES)


orosoEste Plan nace no seo do Pacto dos Alcaldes, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.

Hai que ter en conta que os gobernos locais desempeñan un papel decisivo á hora de atenuar os efectos do cambio climático, xa que o 80% do consumo enerxético e as emisións de CO2 están asociadas coa actividade urbana.

Trala Declaración de Emerxencia climática e Ambiental en España, o Concello de Oroso súmase tamén a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos orosáns e orosás.

COLABORA CO CONCELLO e súmate á loita contra o Cambio climático! Pasaremos polos locais comerciais a realizar unhas enquisas sobre os consumos enerxéticos.

http://www.pactodosalcaldes.gal
http://www.Convenantofmayors.eu

Vantaxes:
• Liñas europeas de subvencións específicas. Ex. Horizon 2020.
• Recoñecemento e visibilidade internacional.
• Redución das emisións CO2 nun 40% para o 2030.
• Aforro enerxético e mellora da competitividade municipal.
• Mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás.
• Incremento da resiliencia fronte ao cambio climático.

Compromisos:
• Reducir as emisións nun 40% de CO2 (e outros gases de efecto invernadoiro) para 2030 (20% para 2020 e 20% para 2030), mediante a aplicación dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible.
• Elaborar un inventario de emisións de referencia (IRE) como base para o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible.
• Elaborar unha Avaliación de Riscos e Vulnerabilidades (ERV) ao Cambio Climático.
• Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible no prazo de dous anos a partir da firma oficial do Pacto dos Alcaldes.
• Adaptar as estruturas do municipio, incluíndo a asignación de suficientes recursos humanos para o desenvolvemento das accións necesarias.
• Mobilizar á sociedade civil nos respectivos ámbitos territoriais para que participe no desenvolvemento do Plan de Acción, esbozando as políticas e medidas necesarias para a aplicación e cumprimento dos obxectivos do Plan.
• Presentar un informe de seguimento ao menos cada dous anos a partir da aprobación do Plan de Acción con fins de avaliación, seguimento e control.
• Partillar experiencias e coñecementos técnicos coas unidades territoriais.