Melloras no parque infantil do Carboeiro
Nas últimas semanas, renováronse parte dos columpios do parque infantil do Carboeiro, en Sigüeiro. Algúns dos columpios están adaptados a nenos e nenas con algún tipo de discapacidade. Estas melloras únense ao novo chan instalado hai uns meses.
O grupo de goberno ten un plan para instalar novos parques ou reformar as instalacións de ocio dirixidas aos máis pequenos, tanto no centro como nas parroquias. Mellorar as infraestruturas e servizos é unha prioridade para o Concello de Oroso.