subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Charla informativa sobre o novo Plan Forestal de Galicia.


orosoO Concello de Oroso, conciente da preocupación existente entre agricultores, gandeiros e propietarios de fincas ante a aplicación e as consecuencias do novo Plan Forestal de Galicia, organiza o próximo luns 18 de xuño, ás 21.00 horas no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa (Sigüeiro), unha charla informativa sobre este tema.

En concreto, intervirán o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e Jacobo Feijoo Lamas, secretario xeral da Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga). Como ben sabedes, en abril a Xunta adiantou un mes o prazo para que os propietarios de fincas limpien as franxas de seguridade próximas a casas y núcleos urbanos, dando como data límite o 31de maio.

O goberno galego fixo este anuncio pero a responsabilidade pasou de maneira inmediata aos concellos, que deben comprobar que os particulares cumplen con este novo requisito. Para facelo, os municipios non recibiron a día de hoxe ningún tipo de axuda e son os que reciben as numerosas consultas dos veciños con relación a este tema.

Para aclarar todas as dúbidas e axudar aos veciños no cumprimento das normas, o Concello de Oroso organiza esta charla, na que Jacobo Feijoo aportará o seu coñecemento técnico e responderá a todas as dúbidas dos asistentes.

“A loita contra os incendios é unha prioridade para o goberno local, o que non se pode é solucionar o problema trasladando de golpe a responsabilidade aos municipios ou abrindo expedientes aos veciños”, sostén o alcalde Manuel Mirás.