Aviso importante Concello de Oroso
O Concello de Oroso tivo coñecemento, a través de varios veciños e veciñas, de que nos últimos días hai persoas que chaman aos domicilios en nome do concello ou o centro de saúde.
Coa excusa de interesarse pola situación persoal dos veciños, as persoas que realizan as chamadas piden datos persoais para unha enquisa ou estudo.
NIN O CONCELLO NIN O CENTRO DE SAÚDE ESTÁN CHAMANDO AOS DOMICILIOS DE OROSO! É UN TIMO! Ante calquera dúbida, mellor chamar ao concello antes de dar calquera tipo de dato persoal.