subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso aproba en pleno mocións para demandar o mantemento das oficinas bancarias, melloras nos centros educativos e máis médicos en atención primaria


orosoO pleno do Concello de Oroso, en sesión ordinaria, aprobou catro mocións con demandas de diferente índole para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas.

Nunha delas, o concello mostra o seu rexeitamento ao peche da oficina do Banco Sabadell, rexeitando por outra parte as reducións de persoal no Banco Santander, Caixabank e BBVA.

A moción rexeita a redución de horarios en Abanca para a realización de determinadas actividades e critica a actitude da Xunta, subvencionando ás entidades a colocación de caixeiros automáticos nos concellos nos que pechan sucursais.

Outra das mocións demanda á Xunta de Galicia que o CEIP Sigüeiro sexa incluído “no Proxecto de mellora de centros” da Xunta para que se acometan desta forma as obras necesarias nas súas instalacións, así como nas aulas do CRA de Oroso.

Na sesión plenaria, aprobáronse outras dúas mocións demandando más médicos de Atención Primaria e medidas para a rebaixa do prezo da luz, sobre todo pensando nos colectivos máis vulnerables agora que comezan os meses de máis frío.