subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Lamento polo triste suceso desta mañá en Sigüeiro


orosoO Concello de Oroso lamenta o triste suceso ocurrido esta mañá en Sigüeiro, cun incendio nunha vivenda que provocou o pasamento dunha persoa e o traslado de outra persoa ferida ao CHUS de Santiago.

O incendio provocou o desaloxo do resto das vivendas do edificio. O concello está pendente da volta aos seus inmobles dos veciños afectados e, no caso de non ser posible nas próximas horas, deberán ser reubicados.

O concello quere agradecer o traballo da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros, Guardia Civil e persoal sanitario do centro de saúde.

O Concello de Oroso estará en contacto permanente nas próximas horas coas forzas de seguridade, poñéndose á súa disposición para darlle toda a información que demanden para esclarecer os feitos.

Desde o concello, lamentamos unha vez máis o acontecido e lle transmitimos o noso máis sentido pésame aos familiares e achegados da vítima. DEP