subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pasa a un nivel medio de restriccións COVID-19


orosoO Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia da Covid-19 acordou elevar as restricións no Concello de Oroso, pasando a formar parte do nivel medio.

A decisión deriva do gromo en dúas familias que teñen conexión entre elas do que informamos o pasado venres. O concello desexa unha pronta recuperación a todas as persoas afectadas.

Aínda que, segundo os datos do centro de saúde, a situación está controlada e non hai polo momento transmisión comunitaria, desde o concello demándase prudencia á veciñanza, cumprindo todas as recomendacións sanitarias.

As principais medidas que entrarán en vigor o sábado ás 00:00 horas pola nova situación son as seguintes:

-Aforo da hostalería: 30% en interior e un 50% en terraza.
-Horarios hostalería: Ata 01:00 horas.
-Reunións de ata dez persoas non conviventes en exterior e seis en interior.
-Limitada a só conviventes en domicilios desde as 01:00 ás 06:00 horas.
-Mobilidade co resto de concellos, salvo os de nivel máximo.

O Concello de Oroso fai un chamamento á responsabilidade de todos para evitar novos contaxios e volver a un nivel baixo de restricións o antes posible.