subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Saúda alcalde de Oroso, Troita 2021


orosoUn ano máis, Oroso tiña que estar a converterse no centro de atención durante o mes de maio. A Festa da Troita no día de hoxe debería a estar a encher as rúas do noso concello de alegría e ocio dentro dunha cita consolidada no calendario turístico do noso país.

Pero a realidade da situación que estamos a pasar fainos vivir as datas deste ano dunha maneira distinta, como xa pasou en maio do 2020. Para manter viva a tradición, esta tarde comeza unha programación alternativa con espectáculos de música limitados en aforo.

O domingo, moitos dos locais de hostalería do concello ofrecerán as clásicas degustacións de troita, pero é fundamental respectar as restricións e recomendacións sanitarias.

Envíovos un agradecemento pola vosa conducta, polo vosa responsabilidade desde marzo de 2020, e pídovos un último esforzo para respectar as normas e as pautas que nos están a dar polo ben da cidadanía.

Quero agradecer a paixón coa que vivides a Festa da Troita desde a súa creación. Grazas a tod@s vos puxemos Oroso no mapa, cun evento que xa é unha referencia en Galicia, Castela-León e Portugal.

Como ben sabedes, a nosa festa foi declarada Festa de Interese Turístico, un recoñecemento que chegou grazas á colaboración veciñal, polo agarimo con que tratades a todos os que sempre nos visitan nestas datas coa sensación de pasar unhas horas nun lugar amigo e acolledor, algo que non sería posible sen a vosa axuda.

Co desexo de recuperar a normalidade da festa no 2022, moitas grazas e viva a troita!

Manuel Mirás Franqueira, alcalde de Oroso