subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, respalda a aposta do alcalde de Oroso para eliminar o tráfico pesado de Sigüeiro cunha nova circunvalación


orosoO delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apoiou hoxe a aposta do alcalde do Concello de Oroso para eliminar o tráfico pesado de Sigüeiro. Fíxoo durante unha reunión co rexedor, Mirás Franqueira Manolo, celebrada na sede da Delegación.

O alcalde agradeceu “a receptividade” do delegado do goberno e explicoulle que a nova circunvalación de Sigüeiro conseguirá eliminar a circulación de vehículos pesados e humanizar o centro urbano do municipio.

Javier Losada analizou esta proposta, que xa está en mans do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e confía en que os próximos Orzamentos Xerais do Estado inclúan unha partida para esta iniciativa.

A circunvalación, de 2.242 metros, terá conexión directa coa rotonda de saída da autoestrada AP-9, que tamén responde a un proxecto recentemente finalizado, e coa estrada que vai cara ao aeroporto.

“Temos o apoio do ministerio, da Demarcación de Estradas e do delegado do goberno, que estará moi atento a que se leve a cabo á maior brevidade posible, cambiando a mellor a vida dos veciños e veciñas de Sigüeiro”, engade Mirás.