subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información importante COVID-19 e novas medidas no Concello de Oroso


orosoO Concello de Oroso informa que, segundo os datos da Consellería de Sanidade, a día de hoxe hai no municipio 26 casos activos de coronavirus.

A incidencia acumulada no Concello de Oroso nos últimos 14 días situase nos 347 casos por cada 100.000 habitantes.

Oroso é un dos 60 concellos galegos que pasa a estar nun nivel máximo de restricións pola evolución da situación epidemiolóxica.

Tras a reunión do comité clínico do martes, a Xunta de Galicia anunciou onte novas medidas de obrigado cumprimento nestes 60 concellos galegos que entran no nivel máximo de restricións.

Esta mesma mañá, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, participou nunha reunión coa Consellería de Sanidade na que lle concretaron as medidas.

Entran en vigor esta noite ás 00.00 horas. As principais medidas son as seguintes:
Peche perimetral do Concello de Oroso.
O toque de queda adiántase ás 22.00 horas.
As reunións pasan a ser dun máximo de 4 persoas non convivintes, tanto en espazos públicos como privados.
Peche do comercio ás 21:30 horas.
Peche da hostalaría ás 18:00 horas. A actividade limítase ás terrazas e queda prohibida no interior.

As autoridades sanitarias recomendan limitar a actividade diaria ao traballo, os estudos e a adquisición de alimentos.

Á marxe das medidas e restricións impostas polas autoridades sanitarias, desde o Concello de Oroso facemos un chamamento á responsabilidade individual, chegan semanas complicadas e temos que facer un esforzo conxunto para frear o aumento de contaxios. Está en xogo a saúde de tod@s!

PEDIMOS RESPONSABILIDADE para que nas próximas semanas podamos voltar á normalidade!