subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Centenarios con moita saúde en Oroso


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, quixo felicitar e entregar dúas placas conmemorativas a Maria Figueira Juncal, que cumpriu 102 anos, e a Secundino Parga Villaverde, que cumpriu 100 anos.

María vive no lugar da Costa, Trasmonte-Oroso, e Secundino na parroquia de Deixebre, no lugar de Vilar de Abaixo. Ambos son dúas persoas moi queridas pola veciñanza e auténticos cronistas do último século na súa zona.

oroso “Unha vida chea de esforzos, de traballo, de felicidade e tamén de saúde, como non pode ser doutra maneira cando falamos de centenarios; hoxe quería pasar polos seus domicilios para pasar un rato con eles e transmitirlle as felicidades en nome de todo o concello”, asegura o alcalde.

María Figueira ten a honra de ser a avoa de Oroso e Secundino Parga o avó. O alcalde fíxolles entrega dunha placa conmemorativa coa data de nacemento de ambos.