subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello continúa cos labores de limpeza


orosoO Concello de Oroso continúa cos labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos que comezaron o día 17 de marzo en todo o municipio, presentando unha especial atención ás proximidades do centro de saúde, farmacias ou supermercados.

Nas últimas horas, fixéronse traballos específicos na urbanización Porto Avieira e nos parques infantís. Ademais, todos os días se limpa e desinfecta o centro de saúde.

Por outra parte, agradecemos a colaboración veciñal para depositar o lixo de forma correcta e no colector corespondente, para manter limpo o concello e axudar ao persoal do servizo de recollida.

O concello limpa e desinfecta tamén os colectores, pero lembra aos veciños e veciñas a necesidade de lavar as mans despois de depositar o lixo.

Desde o Concello de Oroso, queremos dar as grazas ao Oroso Tenis de Mesa pola doazón de 100 mascarillas, así como a outras empresas e colectivos que están tamén doando material e axudando.