subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Comunicado da Alcaldía de Oroso


orosoDende a alcaldía do Concello de Oroso queremos aclarar que dos datos de infectados polo COVID 19 infórmase a través da área sanitaria, onde calquera persoa pode acceder a eles.

A alcaldía de Oroso non dispón destes datos específicos dos infectados no municipio, nin está autorizada para transmitilos.

O Concello de Oroso está a poñer todos os medios necesarios para facilitar o noso día a día ante esta crise que estamos a sufrir. Estanse a realizar tanto labores de limpeza como de desinfección, as forzas de seguridade e Protección Civil velan para que todos/as gardemos a cuarentena e séguese atendendo aos máis vulnerables a través do sistema posto en marcha en coordinación con Protección Civil.

Polo tanto, todos aqueles que detectedes calquera tema no que o concello poida actuar, podedes poñervos en contacto connosco de maneira telefónica a través dos seguintes números de teléfono xa aportados anteriormente:

-981 688 950, de Servizos Sociais do Concello de Oroso.
-698 169 443, de Protección Civil de Oroso.
-638 050 451, de Alcaldía.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!