subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Área de aseo para os transportistas


orosoO Concello de Oroso, en coordinación coa xunta directiva do polígono industrial e coa colaboración de Vegalsa, habilitou un espazo para os transportistas.
v No espazo, os transportistas que o o necesiten teñen á súa disposición duchas, baños e aseos. v
Falamos dun sector que está a desenvolver un traballo fundamental nestes días, levando os productos de primeira necesidade ata os supermercados, establecementos de alimentación e farmacias. Grazas polo voso esforzo!

Por outra parte, o concello continuará hoxe cos labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos que comezaron o día 17.

No día de hoxe, o Concello de Oroso fixo pagos a proveedores e empresas de servizos por importe de 136.000 euros.