subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Coronavirus: Información dos servizos municipais


orosoDebido á crise sanitaria que estamos a vivir, moitas das actividades víronse paralizadas ou limitadas, pero dende o departamento de Cultura continúase a traballar e estas son algunhas das tarefas que se están a facer nestes días:

-Catalogación de libros.
-Expurgación e organización dos estantes.
-Tramitación de memorias e xustificacións.
-Atención telefónica e telemática resolvendo dúbidas e consultas.
-Posta en marcha da impartición das clases de música mediante medios electrónicos. -Conformación de facturas.
-Reorganización de calendarios de obradoiros culturais: debuxo e pintura, manualidades, etc.
-Actualización de redes ofrecendo acceso a recursos web gratuítos de entretenemento.

Do mesmo modo, nesta semana os funcionarios e empregados do Concello realizaron pagos a proveedores por importe de 86.000 euros, grazas ao sistema do teletraballo e á súa boa disposición.

Grazas polo voso traballo!