subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Dende o Concello de Oroso seguimos traballando


orosoO servizo de limpeza, coa colaboración de Protección Civil e a brigada de obras, segue coas labores de limpeza e desinfección das rúas.

Por outro lado, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil velan para que todos/as gardemos a cuarentena.

En canto aos servizos sociais, seguimos a atender aos máis vulnerables,en coordinación con Protección Civil para realizar a compra de alimentos, medicamentos e produtos de primeira necesidade aos que o demanden.

Estamos en contacto permanente coa dirección do centro de saúde, seguindo as súas recomendacións.

Os funcionarios están a traballar dende as súas casas, resolvendo expedientes e pago a proveedores.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!