Coronavirus: Novas de interese
Querid@s veciñ@s:
En Oroso, como está sucedendo noutros moitos lugares, tamén hai algúns casos pendentes de realizar o test e de ver o seu resultado (ben porque presentan algún síntoma ou viaxaron a zonas de risco) e que nos últimos días estiveron en contacto con algúns profesionais de noso Centro de Saúde, é moi lóxico e razoable tanto que dito persoal sanitario tome precaucións ausentándose un tempo prudencial do seu posto de traballo, como proceder á desinfección de dita infraestrutura sanitaria, igual que todos os días tamén se desinfectan outras zonas comúns como as entradas a establecementos públicos, paradas de bus ou caixeiros automáticos. Trátase de medidas moi razoables adoptadas polo ben de todos que iremos aumentando cada día, lonxe de aumentar a preocupación que está situación xa nos está causando de por si, deberían de tranquilizarnos o demostrar que se está actuando correctamente segundo os protocolos aplicables.
É posible que a medida que se van aumentando o número de test e as novas medidas de test rápidos puidesen aparecer algúns casos , non nos alarmemos si sucede, estamos nas mellores mans posibles, sigamos as indicacións do persoal médico e cumpramos as normas polo ben de tod@s e pola nosa saúde e respectemos o anonimato das persoas.
Na medida que tiñamos datos e poidan ser confirmados iremos avisando das incidencias mais destacables e significativas, non deixemos que a preguiza e irresponsabilidade de uns poucos alteren ou minimicen o bo facer e responsabilidade da gran maioría.
Esta é una carreira de fondo e xuntos chegaremos mellor, desculpade os erros e moitas grazas polo voso comportamento exemplar.
Un forte abrazo a tod@s e moitísima forza!
¡Porque desta saímos xunt@s!