subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pon en marcha un servizo para as persoas maiores, que vivan soas ou se atopen en situación de vulnerabilidade e non conten con apoio familiar ou social


orosoO Concello de Oroso habilitou un servizo para as persoas maiores, aquelas que vivan soas ou se atopen en situación de vulnerabilidade e non conten con apoio familiar ou social, dentro das medidas extraordinarias tomadas pola crise do Covid-19.

Con este servizo, o concello entregará comida ou medicamentos ás persoas que o demanden, así como atender outras necesidades.

Os números de teléfono aos que poden chamar son:

-981 688 950, de Servizos Sociais do Concello de Oroso.
-698 169 443, de Protección Civil de Oroso.
-638 050 451, de Alcaldía.


Con este servizo, o concello entregará comida ou medicamentos ás persoas que o demanden, así como atender outras necesidades.

Un equipo de profesionais atenderá as súas demandas.

O concello considera que é necesario habilitar un servizo diferenciado para un colectivo específico que nesta situación de confinamento decretada polo estado de alarma pode verse especialmente afectado.