subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novas medidas no Concello de Oroso polo coronavirus


orosoO Concello de Oroso amplía as medidas derivadas da actual situación, tendo en conta as recomendacións da Fegamp e os decretos do goberno e da alcaldía.

1.- A comunicación co concello deberá facerse preferiblemente de xeito telemático ou telefónico de 09.00 a 14.00 horas.

2.- A oficina de asistencia en materia de rexistro permanecerá aberta de 09:00 a 12:00 horas, atendido en quendas e só para tramites urxentes e imprescindibles. As persoas deberán respectar todas as medidas de seguridade e hixiene.

3.- Os servizos municipais que non poidan teletraballar funcionarán preferentemente a porta pechada.

4.- Quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais, agás os convocados de forma extraordinaria antes da entrada en vigor dos decretos, que se celebrarán a porta pechada.

Aquí tes a información ampliada do decreto de alcaldía