subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso aproba en pleno a conta xeral do ano 2018 e dúas obras con cargo á achega adicional do Plan Único de 2019


orosoO Concello de Oroso celebrou onte pola tarde un pleno ordinario no que, entre outras cuestións, aprobou a conta xeral correspondente ao exercicio 2018.

O Concello de Oroso pechou o ano 2018 con superávit e un remanente de tesourería de 1.340.852,16 euros, unhas contas saneadas e unha presión fiscal baixa en comparación coa media dos concellos de Galicia.

Ademáis, na sesión aprobouse a realización de dúas obras de abastecemento de auga, unha delas na parroquia de Marzoa (100.000 euros) e outra no campo de Cabanas, en Oroso e aledaños (114.431 euros).

As dúas actuacións corresponden á achega adicional do Plan Único da Deputación da Coruña do ano 2019. “Seguimos así co plan de mellora das infraestruturas nas parroquias, mellorado o benestar veciñal”, asegurou o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

Por outra parte, no pleno deuse lectura a unha declaración institucional de condea á violencia machusta, días despois dos actos do 25N.