subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Prevención das situacións de risco de exclusión social


orosoO alcalde do Concello de Oroso, Manuel Mirás, asinou un convenio de colaboración coa Obra Social La Caixa, a través da entidade Igaxes, para poñer en marcha unha serie de actividades (programa Aleida) que permitan afrontar situacións de risco de exclusión social para a poboación xuvenil dende a óptica da prevención.

O obxectivo principal é favorecer o proceso de integración escolar, familiar, social e laboral, para o cal as actividades adaptaránse ás necesidades e características individuais. Este programa Aleida levaráse a cabo no IES de Oroso.

O programa Aleida consiste nunha intervención transversal que pasa das aulas ás familias, co obxectivo de previr a exclusión social dos mozos e mozas.

Os traballadores sociais de Igaxes detectan os casos máis proclives á conflitividade social, como paso previo ao inicio das tutorías individualizadas.