subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso segue de cerca a posible venda do Grupo Puentes e amosa a súa seguridade en que a empresa manterá o emprego e a actividade en Sigüeiro


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso, liderado por Manuel Mirás, segue de cerca os posibles cambios accionariais no Grupo Puentes, con sede en Sigüeiro e moi vinculado ao municipio.

“Coñecemos desde hai semanas as negociacións e queremos trasmitirlle unha mensaxe de tranquilidade e confianza aos veciños”, afirman desde o grupo de goberno orosán.

O Concello de Oroso amosa a súa seguridade en que “a posible venda de Puentes, no caso de que chegue a fructificar, non suporá cambios no que respecta á vinculación e á actividade que ten no municipio”.

As negociacións suporán que a actual directiva se manteña na empresa, que ten ademais numerosas concesións e contratos vixentes en Galicia, “polo que manterá o emprego e a presenza en Sigüeiro”.

“Non estamos ao marxe das negociacións, sabemos que existen e estamos informados; a veciñanza de Oroso ten que estar tranquila e os traballadores e as súas familias tamén”, engaden desde o concello.