subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso apoia as reinvindicacións dos traballadores do transporte de residuos a Sogama


“Mentres a Xunta fai publicidade con baixadas ficticias do recibo do lixo, permite que os traballadores estén nunha situación de precariedade absoluta”, asegura o alcalde Manuel Mirás

orosoO Concello de Oroso amosou hoxe os seu apoio aos traballadores do transporte de residuos a Sogama, en folga pola precarización das súas condicións laborais.

O alcalde de Oroso e vicepresidente da Fegamp, Manuel Mirás, e os concelleiros Luis Rey e Vanesa Boo mantiveron hoxe pola mañá unha reunión cos representantes dos traballadores para coñecer a súa situación

A empresa Transportes Pacholo despediu a oito traballadores en resposta ás denuncias que os empregados fixeron, pero os seus representantes consideran que non é unha decisión da compañía, “senón de Copasa, Sogama e a Xunta”.

“Falamos dun servizo público, é lamentable que a Xunta permita que traballen nestas condicións, mentres despois fai propaganda sobre unha rebaixa ficticia no recibo do lixo aos concellos”, explicou Mirás.

O alcalde e vicepresidente da Fegamp comprometeuse diante dos traballadores a seguir a evolución do conflicto, “apoiando sempre as reivindicacións dos empregados, que o único que queren é traballar nunhas condicións dignas”.