subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiros municipais de maiores. (2023-2024).


Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Maiores e Sanidade, póñense en marcha os seguintes obradoiros municipais.



Documentación a entregar

  1. Solicitude


Actividades

  • Ximnasia
  • Taichi
  • Yoga
  • Música
  • Obradoiros de Memoria
  • Informática


Requisitos das persoas destinatarias

  • Ter 60 ou máis anos.
  • Estar empadroado/a no Concello de Oroso.
  • Non estar afectado/a por enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Que a actividade a desenvolver sexa compatible co estado de saúde e a situación sanitaria do/da solicitante.

Criterios e condicións requeridas na selección das persoas usuarias no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles

  • Preferencia das persoas que nunca participaron na actividade en anos anteriores.
  • En iguais condicións preferencia das persoas con maior idade.
  • En iguais condicións preferencia daquelas persoas que polo seu estado de saúde se aconselle por prescrición médica a participación na actividade.
  • En iguais condicións preferencia das persoas que vivan soas ou sen rede de apoio familiar e social.
  • A presentación desta solicitude non confire de forma automática praza nas actividades solicitadas. A fin do prazo de inscriccións sairá publicada a listaxe coas persoas admitidas en cada actividade.
  • As prazas das distintas actividades serán asignadas por orde de presentación no rexistro municipal, tendo en conta os criterios establecidos anteriormente.


Prazo de inscrición

Dende o 12 ata o 23 de setembro de 2023.

Lugar de inscrición

Presentar este impreso de solicitude no Rexistro Municipal no horario de atención ao público.