Programa "Bos Días Cole".
O programa
O programa “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar os cativos nas instalacións do CEIP de Sigüeiro e no CEIP Camiño Inglés dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Uns pequenos que pasan esas horas da mañá con obradoiros de traballos manuais, talleres de lectura de contos e diversos xogos.
- Lugar: C.E.I.P. de Sigüeiro e C.E.I.P. Camiño Inglés.
- Horario: 7:30 ata inicio xornada lectiva.
- Dirixido: a rapaces de 3 a 12 anos.
- Inclue: servizo de gardería e almorzo.
- Documentación a presentar:
- Matrícula (folla de inscrición)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Certificado médico se fose o caso de que o usuario padeza algún tipo de enfermidade, intolerancia ou alerxia que o persoal da empresa encargada de xestionar o servizo deba ter en conta
- Carta domiciliación
- Certificado/libro de familia numerosa para acreditar dita situación e que se poida aplicar o desconto do 20% nas mensualidades
- Xustificante de pago da matrícula (Taxas Concello de Oroso: www.concellooroso.com
- Lugar de presentación da documentación: Rexistro Xeral do Concello ou Sede electrónica.
- Prazas: As prazas asignaranse por rigoroso orde de presentación de solicitudes.
- Prazo Renovación: do 15 ao 24 de xuño.
- Novas solicitudes: do 27 de xuño ao 8 de xullo.
- Publicación listaxes admitidos: 22 xullo.