Campamento Xuvenil: Parque Natural de Outeiro de Cela - Muiños (Ourense)
O campamento xuvenil de verán está destinado a nenos e nenas de 9 a 16 anos de idade, e terá lugar no Complexo Turístico deportivo O Corgo, no parque natural de Outeiro de Cela, concello de Muíños, na provincia de Ourense do 25 ata o 31 de agosto.
Durante o campamento levaranse a cabo actividades como: acceso a zona de piscina 1 día, actividade de piragüismo, excursión ó parque natural Serra do Xurés, taller medioambiental, gyncana Gladiator, actividades de ocio e tempo libre (estas actividades poden sufrir modificacións en función das condicións metereolóxicas e da propia organización do campamento).
Os prezos inclúen todo:
- desprazamento ata o campamento
- actividades
- aloxamento e manutención
As prazas son limitadas (40), adxudicaranse por sorteo e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello.
Prazo de inscrición:
ata o 31 de xullo.
PREZO
- 140 €
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
A formalización das solicitudes farase no Rexistro do Concello de Oroso (presencial ou telemáticamente). Unha vez rematado o prazo de presentación da documentación, realízarase un sorteo público no caso de que as solicitudes superen as 40 prazas dispoñibles. O sorteo será público en horario de mañá, o mércores 2 de agosto, os seleccionados terán que realizar posteriormente o pago telemático.
A documentación que se debe presentar é a seguinte:
- Solicitude de Inscrición
- Anexo 1
- Autorización de reportaxes de imaxe e son (Anexo 2)
- Autorización recollida por outras persoas, se procede (Anexo 3)
- Fotografía tamaño carné
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Informe ou certificado médico se fose o caso de padecer algunha enfermidade, minusvalía, intolerancia ou alerxia ou tomar algún medicamento
- Xustificante de pago (tributos on line) únicamente realizarán o pago unha vez confirmada a praza