subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa de Entroido 2022


OBRADOIRO DE MÁSCARAS VENECIANAS

Persoas adultas: mércores 16 de febreiro de 17 a 19h no centro cultural
Nenos/as a partir de 7 anos: xoves 17 de febreiro de 17 a 19h no centro cultural.
Prazas limitadas, preferencia a empadroados/as no concello de Oroso.


CONCURSO DE MÁSCARAS

Prazo límite de entrega das máscaras o 22 de febreiro ás 20h no centro cultural. (Ver bases).
Hai tres categorías

      Categoría Infantil (de 7 a 9 anos)
        Gañador: Vale regalo por valor de 70€ en Juguettos
        Finalista: Vale regalo en Juguettos por valor de 45€
      Categoría Infantil (de 10 a 12 anos)
        Gañador: Vale Equip@t 100 €
        Finalista: Vale quip@t 60€
      Categoría Xeral:
        Gañador: Vale 120€ Restaurante Os Mariñaos
        Finalista: Vale 70€ As Esencias

Venres 25 de febreiro

CONCERTO DA ESMU José Verea de Oroso

Ás 17h. na carpa instalada diante do centro deportivo.
Aforo limitado.


OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE FILLOAS E ROSQUIÑAS DE ENTROIDO

de 17 a 19h. no centro cultural dirixido a persoas adultas.


Sábado 26 de febreiro CONCURSO DE DISFRACES Saída ás 17:30h do pavillón de deportes e desfile de entroido con animación de rúa. Entrega de premios do concurso de máscaras arredor das 19.30h. Haberá animación, premios, música e moita diversión.