Concurso de Máscaras de Entroido 2022
Premiados
Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron nomear gañador e finalista da categoría infatil (7-9 anos) a:
Gañador: Martha Castronovo con ‘Arco Iris’ | Finalista: Nicolás Otero con ‘As lágrimas do reciclaxe’ |
![]() |
![]() |
Nomear gañador e finalista na categoría de infantil (10-12 anos) a:
Gañador: Hugo Caamaño con ‘Eu Robot’ | Finalista: Alicia Fernández con ‘Amor de Beethoven’ |
![]() |
![]() |
Nomear gañadora e finalista na categoría de adultos a:
Gañadora: Rebeca Pena con ‘Terra’ | Finalista: Eva Mira con ‘Pavo Real’ |
![]() |
![]() |
Folla de inscrición
Bases do Concurso
As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2022 son:
PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo tres categorías: a categoría infantil (de 7 a 9 anos), categoría infantil (de 10 a 12 anos) e a categoría xeral (a partir de 13 anos).
TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa fosen premiadas noutros concursos.
CUARTA:
O tema das máscaras será libre.
QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.
SEXTA:
Admítense no concurso máscaras (estas deberán cubrir completamente o rostro) e antefaces.
SÉTIMA:
O xurado valorará con maior puntuación as máscaras/ antifaces que sexan de elaboración propia podendo utilizarse distintos materiais.
OITAVA:
A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.
NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.
DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por
participante, agás na categoría infantil que se aceptarán dúas máscaras por participante, non podendo resultar premiado/a o mesmo como gañador/a e finalista.
DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30h e de 16:30 a 20:30h, tendo como data límite de presentación o 22 de febreiro de 2022, antes das 20:30h. As máscaras que participen no concurso estarán expostas no centro ata o 14 de marzo no horario do centro.
DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra e o nome do artista, tamén se pode enviar esta documentación a cultura@oroso.gal. Todo escrito no dorso da dita fotografía no caso de ser presentada presencialmemte, (as fotografías non serán devoltas).
DÉCIMO TERCEIRA
A entrega de premios farase o sábado 26 de febreiro arredor das 19:30 horas no lugar onde se celebre o concurso de disfraces de ser o caso (se por restriccións sanitarias non se levase a cabo dito evento, os premios recolleranse no centro cultural a partir do 26 de febreiro de 2022 no hoario do centro).
DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no centro cultural de Fernando Casas e Novoa do 14 ao 25 de marzo, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 25 de marzo non se recolleron ás máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá darlles o destino que considere máis conveniente.
DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.
DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
- Categoria Infatil (de 7 a 9 anos):
- Gañador: Vale regalo por valor de 70€
- Finalista: Vale regalo en Juguettos por valor de 45€
- Categoria Infatil (de 10 a 12 anos):
- Gañador: Vale Equip@t 100€
- Finalista: Vale Equip@t 60€
- Categoria Xeral
- Gañador: Vale 120€ Restaurante Os Mariñaos
- Finalista: Vale 70€ As Esencias
DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.
DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.