subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa de Entroido 2020


CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega das receitas remata o vindeiro 19 de febreiro, antes das 14h no centro cultural. Terán que ser típicas do Entroido e deberán estar redactadas en lingua galega, poden presentarse en memoria USB (será devolto ao participante no momento) ou enviar por mail a cultura@oroso.gal. Os datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, DNI, teléfono e enderezo) do/da participante deberán figurar noutro documento independente da receita. Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 20 de febreiro de 9 a 14h ou de 17 a 18h. O premio para o/a gañador/a será un menú degustación para dúas persoas no restaurante O Sendeiro en Santiago de Compostela e para o/a finalista un obradoiro de cociña en espazo Abella. Dirixido a maiores de 16 anos.


CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

Prazo: ata o 18 de febreiro no centro cultural ás 20h. Tres categorías:
- Categoría infantil: de 7 a 9 anos. Premio para o/a gañador/a, un vale en Juguettos por importe de 70€ e para o/a finalista un vale en Juguettos por importe de 35€.
- Categoría infantil: de 10 a 12 anos. Premio para o/a gañador/a unha tableta e o/a finanilsta uns auriculares inalámbricos.
- Categoría Xeral (de 13 anos en adiante). O/a gañador/a será premiado/a cunha noite de aloxamento para dúas persoas na Finca Goleta en Foz, (premio patrocinado por Galicia Calidade) e o/a finalista unha cea para dúas persoas no Restaurante a Bodeguilla de Santa Marta.


FESTIVAL DO CRA

entroido

Venres 21 de febreiro no centro cultural.


CONCERTO COMBOS ESCOLA DE MÚSICA

entroido

Venres 21 de febreiro no centro cultural ás 20h.


CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 22 de febreiro ás 17.30h saída do Pavillón de Deportes DESFILE DE ENTROIDO CON ANIMACIÓN DE RÚA. Haberá tamén inchables, mascotas, premios, música e moita diversión. Entrega de premios do concurso de receitas e do concurso de máscaras arredor das 19:30 horas.

CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 16 anos)
Comparsa: (mínimo 6 compoñentes) - Gañador: 500€
Finalista: 300€
Grupo: (de 2 a 5 compoñentes) - Gañador: 350€
Finalista: 220€
Individual: - Gañador/a: 250€
Finalista:180€

CATEGORÍA INFANTIL (ata os 16 anos)
Comparsa: (mínimo 6 compoñentes) - Gañador: 350€
Finalista: 200€
Grupo: (de 2 a 5 compoñentes) - Gañador: 220€
Finalista: 150€
Individual: Gañador/a: 180€
Finalista: 120€

PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO 150€


OBRADOIRO: REPOSTEIRO DE GALLETAS DE ENTROIDO

entroido

Luns 24 de febreiro. Dirixido a rapaces/azas 3 a 13 anos.
De 10.30 a 11.30 dirixido a nenos/as de 9 a 13..
De 11.30 a 12.30 dirixido a nenos/as de 3 a 5.
De 12.30 a 13.30 dirixido a nenos/as de 6 a 8.
Inscrición previa no centro cultural. Prazas limitadas, preferencia a empadroados/as. Gratuíto


FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 24 de febreiro ás 19h na carpa instalada no exterior do centro deportivo. DISCOMÓBIL para nenos/as con DJ e obradoiro de maquillaxe. Dirixido a todos os públicos. Colabora traendo filloas e orellas (productos típicos do entroido).



OBRADOIRO REPOSTEIROS DE TORTAS DE ENTROIDO

entroido

Mércores 26 de febreiro no centro cultural. Dirixido a nenos/as de 6 anos en adiante:
1º grupo de 10 a 11.30h
2º grupo de 11.30 a 13h
Prazas limitadas, inscrición previa no centro cultural. Preferencia a empadroados/as. Gratuito.




ENTROIDO 2020