subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

X Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".


Documentación

Concurso de fotografía

BASE PRIMEIRA .- PERSOAS PARTICIPANTES
Poderá presentarse toda persoa que o desexe das Comarcas de Ordes e Santiago de Compostela.
Categorías: XERAL (maiores de 16 anos) e INFANTIL (9- 16 anos).

BASE SEGUNDA .- TEMA
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa, convócase este concurso, centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicta o traballo das mulleres en calquera eido.

BASE TERCEIRA .- NÚMERO MÁXIMO DE FOTOGRAFÍAS
O número de fotografías que pode presentar cada participante estará limitado a 3.

BASE CUARTA .- TAMAÑO E PRESENTACIÓN
O formato das fotografías será de 20x30cm en papel fotográfico. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.

As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, sen marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora. Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. (Anexo I) A non presentación deste anexo implica quedar excluído/a no devandito concurso.

BASE QUINTA .- OBRAS
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique ó autor ou autora. Nun sobre pechado co pseudónimo e a categoría á que pertence escritos por fóra, o autor ou autora introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

BASE SEXTA .- PRAZO DE RECEPCIÓN DOS TRABALLOS
As fotografías entregáranse no:
- Rexistro Municipal do Concello de 08.30h a 14.00h

- Nas oficinas de correos nos termos previstos no RD 1829/1999 no seu artigo 31. Neste caso a participante xustificará a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciará a este Concello a remisión das fotografías, mediante fax (981691786) ou telegrama ata o día 27de febreiro de 2020. Sen a concorrencia de ambos os requisitos non serán admitidas as fotografías, se son recibidas por este organismo con posterioridade á data de terminación do prazo. Porén, logo de transcorrer os 5 días hábiles seguintes á data indicada sen recibirse as fotografías estas non será admitidas en ningún caso.

- Sede Electrónica Municipal (https://sede.oroso.gal/).

O prazo de entrega das obras rematará o 27 de febreiro de 2020.

BASE SÉTIMA .-PREMIOS
As persoas do xurado establecerá:
Tres premios: na categoría Xeral:
1º Premio: 250 €
2º Premio: 150 €
3º Premio: 100€

E tres premios na categoría Infantil:
1º Premio: Vale agasallo valorado en 100 €
2º Premio: Vale agasallo valorado en 60 €
3º Premio: Vale agasallo valorado en 40 €

BASE OITAVA.- FALLO DAS PERSOAS DO XURADO
A decisión das persoas do xurado será inapelable. A selección das fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que foran capaces de captar a esencia da temática do concurso.

No caso no que as persoas do xurado así o estime todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.

O fallo das persoas do xurado darase a coñecer no marco das celebracións do Día Internacional da Muller o 8 de marzo de 2020 ás 19.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Oroso (de selo caso de non estar dispoñible o Concello designará outro lugar para a entrega, previo aviso).

Para poder recibir o premio é condición imprescindible estar presente no acto de entrega. No caso de non poder acudir, pódese enviar unha persoa representante, coa autorización expresa do/a titular da fotografía premiada.

BASE NOVENA.- DIFUSIÓN DOS TRABALLOS
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a, pasando a formar parte do patrimonio artístico-cultural do concello. Todas as fotografías presentadas ao concurso serán expostas ao público no mes de marzo no Centro de saúde de Oroso. Se a cantidade de obras recibidas excédese o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.

O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos de Carácter Persoal e garantía dos dereitos dixitais.

BASE DÉCIMA.- ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.