subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Excursión sala escalada Indoorwall


APRAZADA ata novo aviso

O Concello de Oroso dentro do programa de Nadal 2020-2021 organiza unha excursión a Santiago de Compostela de ESCALADA o martes 29 de decembro para rapaces e rapazas a partir de 8 anos.

Información

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 22 de decembro no centro cultural ou ata cubrir prazas.
  • PRAZAS: LIMITADAS. Adxudicación de praza por orde de presentación de autorizacións.
  • REQUISITOS: ter cumpridos os 8 anos no momento da inscrición e Preferencia aos/ás empadroados/as no concello de Oroso.
  • DÍA: martes 29 de decembro.
  • HORA E LUGAR DE SAÍDA: diante do centro cultural ás 10:30h.
  • HORA E LUGAR DE REGRESO: diante do centro cultural ás 13:15-13:30h.
  • OBRIGAS: Os/as participantes menores de idade deberán facer as dúas viaxes (tanto a de ida como a de volta) no autobús e ter cuberta a autorización no momento da viaxe.

Información e inscricións

  • Concello de Oroso
    • Centro Cultural (981 690 903)