subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de escaparates de Nadal


1. DENOMINACIÓN
Concurso de escaparates de Nadal.

2. OBXECTIVOS
Esta iniciativa ten como obxecto premiar o esforzo dos/as participantes no coidado da imaxe comercial dos seus establecementos e o fomento do comercio de proximidade.

3. CRÉDITO ORZAMENTARIO
O importe dos premios previstos nestas bases imputarase á partida 431.489.00 do orzamento municipal.

4. REQUISITOS ADICIONAIS DOS PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso de escaparates os/as titulares dun establecemento comercial no termo municipal de Oroso.
Poderán participar igualmente todos aqueles particulares que voten a traveso de “Facebook”. De cada escaparate participante colgarase unha fotografía no perfil de Facebook oficial do Concello de Oroso, e abrirase un prazo de votación entre o 15 de decembro e o 4 de xaneiro.

5. DOCUMENTACIÓN ADICIONAL A PRESENTAR POLOS CONCURSANTES
Os particulares premiados deberán presentar a documentación sinalada nas bases xerais para participar e cobrar os premios do concurso.

6. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 13 de decembro ou día hábil inmediato posterior.

7. OBRIGAS ADICIONAIS DOS CONCURSANTES
1. Os escaparates deberán de estar preparados ás 19.00h do día 13 de decembro, momento a partir do cal o xurado poderá realizar a súa visita.
2. Os escaparates non poderán desmontarse antes do 7 de xaneiro, co obxecto de que poidan contemplarse durante as festas de Nadal.
3. Os comercios participantes están obrigados a manter o escaparate iluminado e nas condición que lle permitan ao xurado valoralo no seu conxunto, así como manter a iluminación, polo menos, ata as 22.00h dos días de Nadal establecidos nas bases.

8. PREMIOS
Concederanse tres premios, que se distribuirán do seguinte xeito entre os proxectos que obteñan unha maior puntuación segundo o ditame do xurado:
- Primeiro premio: 300€
- Segundo premio: 200€
- Terceiro premio: 100€ e Dúas ceas por importe de 50€ cada unha

O escaparate que acade máis “gústames” será agasallado cunha cea nun restaurante do concello por un importe máximo de 50 euros.

Particulares participantes:
Entre todas as persoas que voten en Facebook, facendo clic en “Gústame”, sortearase un vale por unha cea por importe de 50€ para dúas persoas nun restaurante do termo municipal.

9. ÓRGANO INSTRUTOR
Concellería de Comercio.

10. COMPOSICIÓN DO XURADO
O xurado estará integrado polos seguintes membros:
Presidente: Concelleiro/a delegada de Comercio.
- Un/unha representante da hostalería local.
- Un/unha representante da Mesa de Comercio Local.
- Un representante que designe o Concello.
- Secretaria: Persoal do concello de Oroso ou Mancomunidade de Ordes.
- Suplentes do resto dos menbros do xurado serán designados polo Alcalde Presidente en caso de que fose necesario.

11. CRITERIOS DE VALORACIÓN
O tema que se deberá desenvolver será o relacionado coa ambientación propia das festas de Nadal. As candidaturas valoraranse atendendo especialmente aos seguintes criterios:
a) Calidade artística
b) Composición
c) Iluminación
d) Utilización de elementos tradicionais do Nadal
e) Orixinalidade do escaparate
f) Uso do galego
g) Esforzo e dedicación do/a promotor/a no resultado
h) Utilización do produto que se comercializa na composición do escaparate

Os premios dos particulares participantes entregaranse mediante sorteo público ante o Xurado do concurso, podendo sacar varias consecutivas para o suposto de que non se reclamara os premios polos agraciados en prazo ou non se presentara a documentación esixida nas bases.


Publicación BOP bases da convocatoria.
Solicitude de participación persoas físicas .
Solicitude de participación asociacións.