subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de Relatos Breves "Letras Galegas 2010"


Premiados

CATEGORÍA INFANTIL Nome Relato
Gañadora Andrea Domíngez Rodríguez (Sigüeiro) "A imaxinación perdida"
Finalista Antía Seoane Grobas (Oroso) "Meu anaquiño de ceo"
     
CATEGORÍA ADULTOS Nome Relato
Gañadora Ruth Caramés Blanco (Santiago) "Dora"
Finalista Rocío Leira Castro (Cee) "Vidas de plastilina"
Finalista Noelia Martínez Rey (Lugo) "Un verso do Poema"



Bases

As bases polas que se rexerá o Concurso de relatos breves Letras Galegas 2010 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
Establécense dúas categorías:

  • Infantil (de 6 a 14 anos)
  • Adultos (máis de 14 anos)

TERCEIRA:
Os relatos deberán ser orixinais e inéditos, estar escritos en lingua galega e presentarse mecanografados a dobre espazo, por unha soa cara, cun máximo de 5 folios de extensión.

CUARTA:
Valoraranse a orixinalidade, o desenvolvemento da temática, o estilo e a lingua.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo tres relatos por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres relatos por categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta..

SEXTA:
Os concursantes presentarán os seus relatos no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 13 de maio de 2010.

SÉTIMA:
Cada relato levará un título, un pseudónimo que indique o autor e á categoría á que pertence (infantil ou adultos). Nun sobre pechado, xunto co pseudónimo e o título da obra escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais: nome e apelidos, idade, DNI, enderezo e teléfono de contacto.

OITAVA:
O día 21 de maio, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
- Categoría adultos: 100 euros
- Categoría infantil: Lote de libros
Ademais, os tres mellores relatos de cada categoría serán publicados na páxina web do concello: www.concellooroso.com.
O autor renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor, e os exemplares que entregue da súa obra quedarán en propiedade do Concello.

DÉCIMA:
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases