subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de Máscaras Oroso 2023.


Inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras do Entroido Oroso 2023 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os criterios establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo tres categorías: a categoría infantil (de 7 a 9 anos), categoría infantil (de 10 a 12 anos) e categoría xeral (a partir de 13 anos).

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa foran premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
Admitense no concurso máscaras (estas deberán cubrir completamente o rostro) e antefaces.

SÉTIMA:
O xurado valorará con maior puntuación as máscaras/antifaces que sexan de elaboración propia podendo utilizarse distintos materiais.

OITAVA:
A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DECIMA:
Aceptarse como máximo unha máscara por participante, non podendo resultar premiado/a o/a mesmo/a como gañador/a finalista.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h, tendo como data límite de presentación o 14 de febreiro de 2023, antes das 20:30h. As máscaras que participen no concurso estarán expostas no centro ata o 28 de febreiro no hoario do centro

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra e o nome do artista, tamén se pode enviar esa documentación a cultura@oroso.gal. Todo escrito no dorso da dita fotografía no caso de ser presentada presencialmente, (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
A entrega dos agasallos farase o sábado 18 de febreiro arredor das 19:30 horas no pavillón de deportes durante a celebración do concurso de disfraces.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 1 ao 10 de marzo, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 10 de marzo non se recolleron ás máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil (7 a 9 anos):
    • Gañador: Vale regalo por valor de 70€ en Juguettos
    • Finalista: Vale regalo por valor de 35€ en Juguettos
  • Categoria Infatil (10 a 12 anos):
    • Gañador: Un autofalante intelixente
    • Finalista: Uns auriculares inalámbricos
  • Categoria Adultos
    • Gañador: Unha noite de aloxamento para 2 persoas en "Las Cabañitas del bosque" (Outes)
    • Finalista: Cea para dúas persoas no Restaurante Solleiros (Santiago de Compostela)

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.