Concurso de disfraces - Oroso 2017.
Folla de inscrición
Bases do Concurso
As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2017 son:
PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2017 terá lugar o sábado día 25 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 17:30h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.
TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:
- 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
- 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)
CUARTA:
O prazo de inscrición esténdese ata o sábado 25 de febreiro ás 17:00 horas. A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981690903 ata as 14.00 horas do día 24 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:00 a 17:00 horas no Pavillón Municipal. A música para as actuacións é preciso presentala no momento da inscrición en formato MP3 a ser posible e por mail a: cultura@oroso.gal ou memoria USB, os participantes que se inscriban o mesmo día do concurso non podemos garantizar que a actuación sexa coa música presentada por motivos de organización. As actuacións terán un máximo de duración de 5 minutos, a partir dese tempo poderán ser descalificadas.
QUINTA: PREMIOS:
Categoria Xeral (maiores 16 anos)
- MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
- Gañador: 500 euros
- Finalista: 300 euros
- MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
- Gañador: 350 euros
- Finalista: 220 euros
- MODALIDADE INDIVIDUAL.
- Gañador: 250 euros
- Finalista: 180 euros
Categoria Infantíl (ata 16 anos)
- MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
- Gañador: 350 euros
- Finalista: 200 euros
- MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
- Gañador: 220 euros
- Finalista: 150 euros
- MODALIDADE INDIVIDUAL.
- Gañador: 180 euros
- Finalista: 120 euros
- PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€
SEXTA:
Será obrigatorio participar no desfile que sairá do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se se suspende ou non este por causas alleas ao mesmo (como poden ser as condicións meteorolóxicas).
SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo a valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.
OITAVA:
A entrega de premios para todas as modalidades efectuarase con posterioridade ao concurso, tras previa presentación de certificación bancaria e fotocopia do DNI do premiado nas dependencias municipais. Nos premios superiores a 299 euros o ingreso do mesmo prorrotearase entre os participantes presentando tamén fotocopia do DNI de cada un deles e certificación bancaria dos seus correspondentes números de conta.
NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.