subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de Máscaras de Entroido 2017.


Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o mércores 22 de febreiro nomear gañadora e finalista da categoría infatil (7-9 anos) a:

Gañadora: Luciana Andrade Dinatale Finalista: Adriana Mosquera Pequeño
Máscara: Expresión de Cor Máscara: Mariquita

Nomear gañadora e finalista na categoría de infantil (10-12 anos) a:

Gañadora: Lucia Tabarés Rodríguez Finalista: Nuno Sancosmed Fernández
Máscara: Scraabooking mask Máscara: Tú eliges el bien o el mal

Nomear gañador e finalista na categoría de adultos a:

Gañador: Adrián González Jiménez Finalista: Encarnación Jiménez López
Máscara: A bestia porquiña Máscara: A beleza en arapos



Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2017 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo tres categorías: a categoría infantil (de 7 a 9 anos), categoría infantil ( de 10 a 12 anos) e a categoría xeral (a partir de 13 anos).

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa fosen premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface tamén serán admitidas.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, valoraranse con menos puntuación máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante, agás na categoría infantil que se aceptarán dúas máscaras por participante, non podendo resultar premiado o mesmo participante como gañador e finalista.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h e martes e xoves de 17:00 a 20:00h, tendo como data límite de presentación o 21 de febreiro de 2017, antes das 20:00h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 25 de febreiro, ás 19.30h, durante o concurso de disfraces fárase entrega dos premios do concurso de máscaras.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 6 ao 17 de marzo, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 17 de marzo non se recolleron ás máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil (de 7 a 9 anos):
    • Gañador: Vale regalo na tenda de roupa infantil La Bellota, por valor de 60€
    • Finalista: Vale regalo na Librería Refoxos por valor de 30€
  • Categoria Infatil (de 10 a 12 anos):
    • Gañador: Vale regalo en equip@t por valor de 70€ (Patrocinado por equip@t)
    • Finalista: Vale regalo en equip@t por valor de 35€ (Patrocinado por equip@t)
  • Categoria Xeral
    • Gañador: Unha tablet (patrocinada por IDE)
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello (patrocinada por Restaurante Mariñaos)

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.