subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

IV Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".


Gañadores do concurso de fotografía "Muller Traballadora"

1º PREMIO

Roberto Milán (Alicante)

"Mariscadoras"
2º PREMIO

Cristina Guerra (Santiago de Compostela)

"No mercado"
3º PREMIO

José Beut (Valencia)

"Igualdad?"



Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderá presentarse toda persoa que o desexe.

Segunda: Tema
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, convócase este concurso, centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicte o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor. Nun sobre pechado co pseudónimo escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 09:30h a 13.30h e de 16.30h a 21.00h .O prazo de entrega das obras rematará o día 26 de febreiro.

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100€

O fallo do xurado darese a coñecer no marco das celebracións do día da muller traballadora o 8 de marzo.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
A selección da fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que fosen capaces de captar a esencia da temática do concurso.

Novena: Difusión dos traballos e protección de datos de caracter persoal (LOPD).
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a , pasando a formar parte do patrimonio artístico – cultural do Concello Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en Dependencias Municipais. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.