XIII Edición do Certame Internacional GóisOrosoArte 2018.
O Concello de Oroso e a Camára Municipal de Góis convocan este certame co obxecto de dar a coñecer as ideas, esperanzas, inquietudes utilizando a arte como medio de comunicación.
O certame inscríbese dentro do marco de encontro das distintas culturas das persoas e países participantes así como das distintas modalidades de arte.
O GÓISOROSOARTE celébrase mediante acordos coa localidade portuguesa de GÓIS, onde ten lugar tamén o certame GÓISOROSOARTE, en cuxo evento participan artistas e obras representantes do Concello de Oroso.
BASES GÓISOROSOARTE 2018
Participantes
GÓISOROSOARTE é un espazo aberto onde poderán participar artistas nacionais e internacionais.
A organización reservarase o dereito de convidar de xeito directo un máximo de 5 obras sen pasar polo xurado de selección.
Os autores dos traballos manteñen íntegros os seus dereitos de autor, mais permitiranlle á organización a publicación de imaxes dixitais e gravacións das obras, así como a exposición destas cos traballos seleccionados e a posterior edición dun catálogo se fose o caso, sempre con fins de promoción do certame.
Xurado
O xurado estará composto por distintas personalidades do mundo da arte e da cultura, e o seu nomeamento será dado a coñecer nos medios de comunicación e na páxina web do Concello de Oroso (www.concellooroso.com) e na Camára Municipal de Góis (http://www.cm-gois.pt/)
O xurado ten como función seleccionar as obras para o certame GÓISOROSOARTE.
O xurado estará facultado para resolver calquera das cuestións non previstas nas bases e as súas decisións serán inapelables.
O número de obras participantes no certame GÓISOROSOARTE 2018 será o estimado polo xurado dependendo da cantidade recibida, das dimensións destas e por suposto da súa calidade.
Características das Obras
O certame estará baseado en obras cunha temática LIBRE, de técnica libre, encadradas dentro de modalidades de pintura, fotografía, escultura ou deseño.
Cada artista poderá presentar unha obra por modalidade atendendo ás seguintes normas:
-
PINTURA
Un máximo dun cadro convenientemente montado con marco ou listón cun tamaño mínimo de 50cm e máximo de 1m. -
FOTOGRAFIA
Un máximo de dúas fotografías perfectamente enmarcadas (pinzas non), e cun tamaño mínimo de 50cm e máximo de 1m. -
ESCULTURA
Un máximo dunha peza cun tamaño que sen peaña non exceda dun metro de altura.
Recepción das Obras
As obras presentaranse persoalmente no Rexistro Xeral do Concello de Oroso. Praza de Isaac Díaz Pardo nº1, Sigüeiro-Oroso. Tlf.981691478, de 09:00 a 14:00 horas ou ben no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa. Rúa da Cultura nº1, Sigüeiro-Oroso Tlf.981690903 de 09:30 a 13:30 h e de 16:30 a 21:00 horas.
As obras presentaranse persoalmente no Rexistro Xeral da Camára Municipal de Góis.
Tamén se poderán remitir con portes pagados aos mesmos enderezos, con embalaxe reutilizable para a súa devolución a portes debidos.
As obras deberán ser presentadas antes do día 19 de MAIO de 2018, perfectamente embaladas para a súa seguridade, non facéndose responsable a organización dos danos ocasionados durante o transporte.
As obras deberán estar perfectamente identificadas e firmadas achegando nun sobre en cuxo interior deberá ir :
Título da obra, ano de execución, técnica, dimensións, prezo (para efectos de venda), nome do autor, DNI, enderezo, teléfono, e-mail e un breve currículo.
Cada autor deberá entregar conxuntamente co boletín de inscrición unha fotografía de 15x20 e 300 ppp da obra en soporte dixital , para poder elaborar un catálogo do certame. As obras que non cumplan con este requisito non formarán parte do catálogo.
Así mesmo, poderán participar no GÓISOROSOARTE 2018 a celebrar na Cámara Municipal de Góis (Portugal) unha selección de 25 obras que representarán ao Concello de Oroso na localidade portuguesa, cuxo certame se celebra do 14 ao 31 de xullo de 2018.
Así mesmo, poderán participar no GÓISOROSOARTE 2018 a celebrar no Concello de Oroso unha selección de 25 obras que representarán a Camára Municipal de Góis na localidade galega, cuxo certame se celebra do 8 ao 30 de setembro de 2018.
As obras estarán cubertas por un seguro ante os posibles danos que se puidesen ocasionar durante a exposición, tendo un valor que oscilará entre os 250€ de mínimo e os 1300€ de máximo por obra.
As obras vendidas no transcurso da exposición están suxeitas a unha comisión do 25% que reverterá na organización do GÓISOROSOARTE.
As obras non seleccionadas seranlles devoltas aos artistas tras unha notificación previa, enviándose ao enderezo de remite a portes debidos.
Exposición
O certame GÓISOROSOARTE 2018 será:
En Góis do 14 ao 31 de xullo de 2018.
En Oroso do 8 ao 30 de setembro de 2018.
Non se poderá retirar ningunha obra antes da finalización do certame GÓISOROSOARTE 2018.
Devolución
As obras seleccionadas serán devoltas pola organización a partir do remate da exposición a portes debidos ao enderezo de remite tras un acordo previo cos artistas.
Os artistas poderán retiralas persoalmente na Camára Municipal de Góis ou ben no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro-Oroso.
Haberá un prazo máximo dun mes para retirar ou reclamar as obras. Se transcorrido este tempo non fosen retiradas, a organización entenderá que os artistas doarán as obras para que pasen a formar parte do arquivo artístico das respectivas entidades.
Aceptación das bases
A participación no certame GÓISOROSOARTE 2018 implica a aceptación automática das bases e as decisións do xurado e a organización.