subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".


Receita gañadora. Loly Bello

oroso Croquetas de Lacon e Grelos
Ingrendientes

  • Lacón cocido
  • Grelos cocidos
  • Cebola
  • Auga do cocido
  • Fariña
  • Pan relado
  • Aceite de oliva vires extra (AOVE)
(As cantidades variarán en dunción do gusto de cada coiñeiro/a, poi shaberá quen prefira incorporar máis lacón e haberá quen prefira botar máis grelos).

Elaboración.
O ideal é aproveitar o entroido para facer unha boa laconada ou un típico cocido galego e despois aproveitar un anaco de lacón e os grelos, xa que así conseguiremos que os sabores estean máis concentrados.
Picamos o lacón en anacos pequenos.
Picamos os grelos miúdos
Picamos unha cebola moi miudiña.
Poñemos a quentar un pouco de AOVE nunca tixola, engadimos a cebola, deixámola dourar un pouco e botamos o lacón. Remexemos ben e incorporamos os grelos. Remexemos de novo.
Engadimos a fariña, remexemos e deixamos que se vaia cocendo un pouco e, a continuación, imos engadindo a auga do cocido quente, para que non se formen bolos de fariña e imos remexendo ata que espese.
Cando estea todo ben mesturado e a masa formada, poñemos a mestura nunca bandexa, tapámola e metémola na nevera ata que arrefríe.
A continuación irémoslle dando forma pasándoas por fariña, ovo e pan relado e, reseguido, frixímolas en aceite ben quente.

Receita finalista ano 2013. María Mercedes Fernández González

oroso Bicos doces de cabelo de anxo e de figos

Estes bicos fanse coa masa das típicas orellas de entroido e podemos poñerlle dentro o que nos guste (crema pasteleira, nata, chocolate, mermeladas…), eu optei por un recheo de cabelo de anxo uns e outros de mermelada de figos de tempada e podemos facelos ao forno ou fritidos.
Ingrendientes para a masa:

  • 350 g. de fariña + 50 g. para o amasado máis ou menos
  • 1 ovo
  • 100 ml. de aceite de fritir unha pela de laranxa (ou manteiga)
  • 100 ml. de anís
  • 50 ml. de leite
  • Rela dun limón
  • Ovo batido para pintalos se os facemos ao forno
  • Canela e azucre
  • Cabelo de anxo e mermelada de figos para o recheo

Mesturamos todos os ingredientes: A fariña, o ovo , a rela de limón, o anís, o aceite (ou manteiga de vaca) e o leite. Traballamos moi ben esta masa ata que non se nos pegue ás mans, amasamos e logo tapámola e deixámola repousar unha hora.
Estiramos a masa e cortámola en círculos pequenos coma se fose para “empanadiñas”, poñemos o recheo que elixamos no centro e pechamos ben os bordes dándolle a forma de medias lúas, pintamos con ovo batido se os cocemos ao forno (sobre 180° sobre 20 minutos) ou os fritimos. Logo botámoslle por riba azucre e canela.



Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 5 de febreiro de 2013, antes das 14:00h. No día indicado pola organización (que será comunicado coa antelación suficiente) deberase presentar, ademais, o prato cociñado da casa.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor.

OITAVA:

O día 9 de febreiro, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.